Máis de 6.000 firmas contra a reforma da lei de Estranxeiría

Esta plataforma, impulsora do manifesto ao que se uniron personalidades do mundo da cultura, xuristas, relixiosos, expertos en Estranxeiría, ONG's e particulares, pide a retirada do artigo 53 do borrador, presentado polo Goberno que considera infracción grave (con unha multa de 501 a 10.000 euros) promover a estancia irregular dun inmigrante, entendendo que isto sucede cando o estranxeiro depende economicamente do infractor.

O portavoz de 'Salvemos a Hospitalidade', o sacerdote, José Luis Segovia, cualificou de "auténtica barbaridade sancionar a persoas ou institucións que dan cobertura a persoas que se atopan en España en situación de irregularidade", ademais de "quebrar o deber de coidade e de comportarse fraternalmente recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos".

O manifesto destaca que se se aproba a lei nestes términos as "ONG, congregacións relixiosas e cidadáns que exercen o deber de acollida e solidariedade verían perseguida a súa actuación". Outro dos puntos polémicos do borrador da lei é que contempla a posibilidade de expulsión de inmigrantes en situación legal se acollen a estranxeiros irregulares.

FUENTE: ANOSATERRA DIARIO

Publicar un comentario

0 Comentarios